POLÍTICA ANTICORRUPCIÓN

Os nosos compromisos

Bluesafe rexeita toda forma de corrupción¹ aplicando un criterio de tolerancia cero respecto a calquera incumprimento desta política.

Co fin de previr a corrupción, Bluesafe levará a cabo todas as súas actividades de acordo coa lexislación vixente en todos os ámbitos de actuación e en todos os países nos que opera, atendendo ao seu espírito e finalidade, e comprométese a:

  • Non influír sobre a vontade u obxectividade de persoas alleas á compañía para obter algún beneficio ou vantaxe mediante o uso de prácticas non éticas e/ou contrarias á lei aplicable.

  • Non dar, prometer nin ofrecer, directa ou indirectamente, ningún ben de valor a calquera persoa física ou xurídica, co fin de obter vantaxes indebidas para a compañía.

  • Non permitir ningún pago de facilitación².

  • Non utilizar as doazóns para encubrir pagos indebidos.

  • Prestar especial atención a aqueles supostos nos que existan indicios de falta de integridade das persoas ou entidades coas que se realizan negocios, co obxecto de asegurar que Bluesafe establece relacións comerciais unicamente con persoas e entidades cualificadas e cunha adecuada reputación.

  • Reflectir fielmente e de forma adecuada todas as actuacións, operacións e transaccións da compañía nos libros e rexistros da mesma.

  • Calquera agasallo de cortesía ou xesto de amabilidade de Bluesafe cara aos seus clientes, realizarase sen o espírito, nin coa intención de cometer e/ou obter unha compensación dos nosos clientes, só contribuirá á boa fe e fortalecemento das relacións profesionais entre Bluesafe e os seus clientes.

Se os empregados teñen constancia, dúbidas ou sospeitas respecto a calquera forma de corrupción, deberán comunicalo inmediatamente ao seu superior xerárquico ou ao director da compañía.

Bluesafe non tolerará ningunha represalia contra quen, de boa fe, comunique feitos que puideran constituír un incumprimento desta política.

Os empregados que infrinxan estas disposicións quedarán suxeitos ás medidas disciplinarias que correspondan, incluso no seu caso, a finalización do contrato, así como outras posibles actuacións e/ou sancións legais. Igualmente, Bluesafe reservarase o dereito de adoptar as medidas que considere oportunas contra os socios comerciais³ que a incumpran.

Bluesafe considera que cumprir con esta política é responsabilidade de todos os seus empregados.

¹ Corrupción: Ofrecer, prometer, conceder, solicitar ou aceptar un beneficio non xustificado, para si ou para un terceiro, para favorecer indebidamente a outro na adquisición ou venda de bens, na contratación de servizos ou nas relacións comerciais.

² Pago de facilitación: Pago de pequena contía realizado a funcionarios públicos de rango inferior, que teñen por finalidade que estes axilicen o desempeño das súas responsabilidades, como por exemplo o acceso a servizos públicos, a obtención de licenzas ordinarias ou permisos de negocio, os trámites administrativos, a provisión de protección policial ou a carga e/ou descarga de bens.

³ Socios comerciais: Socios, contratistas, provedores, axentes, distribuidores ou empresas colaboradoras